Boas! A continuación vouvos poñer fragmentos dun artigo interesante que fala de unha das series galegas con maior importancia actualmente.
Fragmentos do artigo sobre a serie galega “O sabor das margaridas”:
“Millóns de espectadores de todo o mundo enganchados a produtos que, no caso das televisións españolas, foron descartados por presentar unha característica que a miúdo se converte nun estigma en España: estar gravadas no seu idioma orixinal. Falamos de ‘O sabor das margaridas‘, un thriller onde fálase galego, pero que lles encanta a ingleses, chineses, irlandeses ou noruegueses.”
“A serie, descartada por televisións e produtoras estatais (menos, evidentemente, pola TVG, que xa a estreou o ano pasado) por falar galego, foi adquirida por Netflix, incluíndoa no seu catálogo e ofrecendo subtítulos para que chegara a espectadores de 180 países. O resultado: un éxito internacional abafador. Por exemplo, no Reino Unido e Irlanda, onde é a sétima serie máis vista.”
“A lección ao mercado audiovisual español, onde los prexuízos e o rexeitamento ás linguas cooficiais son crónicos, é lendaria”
O meu comentario:
Que se desprecie este tipo de series por estar gravadas en galego non me parece xusto, é dicir, a xente non rexeita series inglesas (por exemplo) por estar gravadas en inglés, se non que as ven con subtítulos e non pasa nada. Por qué os españois non podemos aceptar que se graven en linguas cooficiais se despois poden dobrarse ao español ou a outras linguas cooficiais? Espero que vos fixera reflexionar un pouco, deixovos o enlace do artigo (que está en castelán) a continuación: