Deportes minoritarios: Voleibol

O día a día dos deportes minoritarios en España: a falta de instalacións e de medios converte pouco menos que nun imposible o obxetivo profesional e (por que non) olímpico e provoca que se mire a estos deportistas como excéntricos. No caso do curling (por exemplo), a Federación só lles subvenciona cando compiten internacionalmente representando a España. O resto (entrenamentos, viaxes, dietas, etc…) sae en gran parte dos seus petos. Se lograran vencer en algún dos torneos, só levaríanse 6.000 euros a repartir entre catro, ao que hai que descontarlle o coste do billete a Escocia, Suecia ou calquera outro país.

Curling (deporte minoritario en España)

Fonte de información : https://www.publico.es/deportes/vida-penurias-marginados-del-deporte.html

O meu comentario:

Ola! Hoxe vouvos falar do voleibol, o meu deporte favorito e deporte ao que xogo actualmente no CVZalaeta. En concreto, vouvos relatar os meus inicios no voleibol e como cheguei ao club no que estou hoxe en día. No meu antigo colexio (Calasancias) o voleibol realmente era o deporte estrela feminino, digamos que mentres que os nenos (polo xeral) decantábanse polo fútbol ou baloncesto en equipos doutros colexios, as nenas (polo xeral)  ou ben quedábanse a xogar ao voleibol no club pertencente ao colexio ou ben xogaban a outros deportes fóra do colexio. Eu realmente non tiña nin idea de xogar ao voleibol, pero as miñas amigas máis eu decidimos ir probar un día a ver se nos gustaba, e gustounos. Cando empezamos iamos en terceiro de primaria, e cando iamos en sexto de primaria ( catro anos despois) o meu equipo logrou clasificarse para o campionato galego, no que quedamos cuartas. Sen embargo, en primeiro da ESO tanto unha amiga miña coma eu decidimos cambiarnos de equipo e irnos para o club Zalaeta, onde coñecimos a moita xente nova e onde ingresamos no equipo no que rapidamente fixémonos todas amigas e máis tarde unha segunda familia. Nestes cinco anos que levo no Zalaeta (que sumados aos catro anos anteriores, este é o noveno ano que levo practicando voleibol) pasei por moitas posicións diferentes que poden ter as xogadoras de voleibol como: “oposta” que é aquela xogadora que non recibe e só remata e defende, “colocadora” que é aquela que ten que dar o segundo toque e pasarlle o balón á xogadora que ten que rematar, “receptora” que é aquela que recibe, defende e remata a pelota que lle pasa a colocadora e “líbero” que a posición na que estou xogando actualmente e na que só tes que recibir e defender. Aínda que cando ves un partido pola televisión todo parece moi sinxelo realmente non o é, é difícil para as centrais (aquelas xogadoras que só rematan e bloquean e adoitan ser as máis altas do equipo) coordinarse coas colocadoras, é difícil atacar o balón de maneira que fagas punto directo e, por suposto, tamén é difícil recibir e defender os ataques e saques que realiza o outro equipo, pero ao fin e ao cabo diso trátase o meu deporte. Este deporte require axilidade, intelixencia, forza e potencia polo que é un dos máis completos e, ao estar separados por unha rede, non hai contacto de ningún tipo entre as xogadoras e xogadores de diferentes equipos, o que fomenta a deportividade. Espero que vos gustara a historia de como comecei a xogar ao voleibol e a pequena explicación deste.

O meu equipo na Copa de España 2018/19
Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s