Obra de teatro: «Os vellos non deben de namorarse»

Os vellos non deben de namorarse é unha das obras máis populares do teatro galego. A obra foi escrita «para o pobo galego» polo escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na cidade de Nova York (Estados Unidos), como remedio para «matar as horas de morriña«. Estreouse en Bós Aires (Arxentina) no ano 1941 e, dende entón, non deixou de representarse.

 En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. O carácter repetitivo de Os vellos non deben de namorarse básase no feito de ser unha triloxía composta por tres versións (lances), encadradas entre un prólogo e un epílogo dun mesmo esquema dramático. Castelao escribiu primeiramente o terceiro lance contando, como nos outros dous, a historia dun vello que se enamora dunha moza. Ao final da obra, o epílogo reúne aos tres vellos mortos no camposanto, para que eles conten o propósito da farsa.

O tema principal da historia é como é a relación entre o amor e a morte: o amor dun vello cara unha moza aparece representado como igual a morte. Os temas secundarios son as diferenzas sociais da época, a avaricia polo diñeiro, os amantes e os amados, a decadencia da fidalguía, cómo conseguir a felicidade, os casamentos amañados

Fonte de información: https://es.wikipedia.org/wiki/Os_vellos_non_deben_de_namorarse

O meu comentario:

Eu leínme esta obra de teatro na pasada avaliación, xa que a escollín para leela na materia de galego. Realmente pensei que non me ía gustar, pero ao final pareceume unha obra moi entretida e interesante. Aínda que nunca a fun ver ao teatro gustaríame ir, pois teño curiosidade por ver cómo se representa Os vellos non deben de namorarse como obra de teatro, con actores e actrices. Se vos gustan as lecturas lixeiras e as obras de teatro recoméndovos leela, pois e curta, entretida e interesante.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s