Boas tardes! Hoxe imos falar dos museos que hai na Coruña e, como persoa que estivo neles en máis dunha ocasión vouvos dar a miña opinión de dous deles:
Casa do Home:
Coñecida tamén como Domus, é o primeiro museo que trata dunha forma interactiva o estudo do ser humano e está aloxado nun moderno edificio ubicado no Paseo Marítimo de A Coruña. No seu interior pódese descubrir a evolución humana, cómo funciona a xenética, o cerebro, o corazón, o sistema circulatorio, os sentidos, o sistema motor ou o proceso reprodutivo. Ademais, conta cun cine 3D no que emítense documentais e filmes de gran interese científico.
O meu comentario sobre a Domus:
Probablemente este sexa o meu museo favorito de A Coruña, pois cando era pequena o que me encantaba del era que é moi interactivo e que hai unha gran variedade de xogos e actividades que realizar nel. Aínda que creo que todos os nenos que foron a este museo de pequenos quedaron traumatizados co vídeo do parto que se expoñía nel, incluso eu.
A Casa das Ciencias:
A Casa das Ciencias foi o primeiro dos museos Científicos Coruñeses e ademais é o primeiro museo público interactivo de España, coa filosofía de “prohibido non tocar” como carta de presentación. Este museo inclúe un planetario, un péndulo de Foucault e zonas de exposicións, onde se poden realizar experimentos científicos de todo tipo.
O meu comentario sobre a Casa das Ciencias:
Este museo é tamén moi recomendable para a xente á que lle guste facer experimentos, xa que conta con numerosos experimentos divertidos e incluso conta cunha incubadora na que podes ver nacer a pitos pequenos. Ademais, o planetario conta con varias funcións incluso para os máis pequenos, como contos interactivos que poden verse nel e, para os mais maiores, representacións das constelacións que hai no ceo, o que é moi interesante para os amantes da astronomía.
Fonte de información: https://queverenelmundo.com/que-ver-en-espana/provincia-de-la-coruna/guia-de-la-coruna/museos-de-la-coruna/