Música de estilos modernos: O Pop

Aínda que existen moitos xéneros musicais moi diversos entre eles, hoxe falaremos particularmente do xénero musical chamado Pop:

O Pop:

A música pop (contracción de popular music) é un xénero de música popular que tivo o seu orixe a finais dos anos 50, en combinación doutros xéneros musicais que estaban de moda en aquel momento. Os elementos esenciais que definen ao pop son: as cancións de curta a media duración, escritas nun formato básico, así como o uso habitual de retrousos repetidos, de temas melódicos e ganchos.. A instrumentación componse habitualmente de guitarras, baterías, baixos, guitarras eléctricas, teclados, sintetizadores, etc

Este xénero conta con moitos subxéneros, como algúns dos que mencionarei agora:

  • Dance pop: Algúns cantantes e grupos expoñentes destacados deste subxénero son Michael Jackson, Britney Spears, Madonna
  • Bubblegum pop: O maior “hit” deste xénero foi Barbie girl de Aqua, aínda que a maioría de cancións de Disney tamén pertencen a este subxénero.
  • Teen pop: É un subxénero da música pop orientado a rapaces e as cancións son interpretadas por rapaces tamén. Apareceu nos 70 debido á aparición dos Jackson Five.

Pero este xénero musical tamén ten fusións con outros xéneros musicais, xa que foi así como surxiu. Entre esas fusións, as máis destacadas son:

  • Electropop: tamén coñecido a partir dos anos 2000 como pop electrónico​, é un subxénero do synth pop que apareceu a finais dos 70 consistente nunha base pop, cunha liña de sonido frío e sintético con tintes robóticos e futuristas. Algúns artistas de renombre que o fixeron posible foron: David Guetta, Lady Gaga, Calvin Harris e Kylie Minogue.
  • Pop rock: combina melodías e letras típicas da música pop con elementos propios do rock, como unha maior presenza de guitarras eléctricas ou un ritmo máis forte. Algúns exemplos de artistas que realizaron/realizan esta fusión son: Queen, Coldplay, Imagine Dragons, os Hombres G, El canto del Loco...
  • Pop latino: ten sonidos ou influenza latina, é dicir, da música orixinaria de Latinoamérica, pero tamén pode ser música pop de cualquier parte do mundo de fala hispana e portuguesa. Algúns dos artistas de pop latino máis destacados na actualidade son Shakira, Ricky Martin, Enrique Iglesias, Alejandro Sanz

O meu comentario: 

A gran variedade de subxéneros e fusións é o que fai que este xénero sexa o máis escoitado e tamén o máis consumido, facéendoo así de consumo xeneral e popular. Ao longo dos anos houbo moitas correntes de consumo, o que fixo que destacaran máis uns artistas que outros. De feito, no xénero de música pop dise que hai un rei e raíña que son os máximos representantes e mellores artistas deste xénero. O rei é (o xa falecido) Michael Jackson e a raíña é Madonna, que potenciaban (na súa maioría) o subxénero Dance pop, con cancións como Thriller, Bad e Smooth Criminal por parte do rei e como Hung Up, Like a prayer ou La Isla Bonita por parte da raíña. A continuación vouvos poñer a miña canción favorita do rei do pop, Billie Jean:

Fontes de información: https://es.wikipedia.org/wiki/Pop https://es.wikipedia.org/wiki/Dance_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Bubblegum_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Teen_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Pop_rock https://es.wikipedia.org/wiki/Electropop https://es.wikipedia.org/wiki/Pop_latino

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s