Novela: «Fuxe sen mirar para atrás»

Luis Leante naceu en Caravaca de la Cruz (Murcia) en 1963. Licenciouse en Filoloxía Clásica e durante vinte anos foi profesor de instituto. Na actualidade colabora con varias editoriais e dedícase á escritura. Publicou novelas para nenos e para adultos. Escribiu guións de cine e algúns dos seus relatos foron adaptados á gran pantalla. No caso de Fuxe sen mirar para atrás gañou o premio Edebé de Literatura Xuvenil 2016 (Información sacada da portada do libro físico).

Sipnose:

O coche foi gañando velocidade e empezou unha aventura que nunca pensei que ía vivir con quince anos. Cando vas a cen quilómetros por hora dentro dun coche, paréceche que o que se move é o mundo de fóra e non ti. Pero, cando vas a cento vinte sen cristais porque alguén os escachou dun tiro, vas coma se te guindases en paracaídas desde a estratosfera e sen botellas de osíxeno. Non é vertixe, nin mareo, nin pánico, nin dor, é todo xunto multiplicado por mil. Non che sabería dicir a velocidade á que iamos, pero asegúroche que me pareceu que estabamos a piques de superar a barreira do son. O aire atravesaba o vehículo coma un furacán. Por un momento pensei que a forza do vendaval me ía sacar do asento e me ía guindar polo oco da fiestra de atrás. «Lembra, cando se foxe, non hai que mirar cara a atrás», dixérame Héitor.

Información: http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-fuxe-sen-mirar-para-atras=4016=5=4

O meu comentario:

Esta novela tiven que leela fai un ano como lectura obligatoria, pero nunca esperei que me fora a gustar tanto. Esta novela non ten unha trama sinxela ou é insulsa, se non que conta a historia dun rapaz que con dez anos sofre a perda do seu pai, o que o fai entrar nun shock emocional facendo que olvide todos os seus recordos con el. A raíz disto convértese nun rapaz conflictivo, pero a medida que avanza a novela vemos unha evolución do seu carácter á vez que empeza a ter sentimentos por unha rapaza moi oposta a el. A mín gustoume moito e vola recomendo se vos gustan os libros que se fan amenos e interesantes, pero que non son os típicos libros que xa sabes como van rematar antes de acabalos.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s