Hoxe imos comentar unha noticia actual e polémica sobre a ciencia e os seus límites. A noticia é a seguinte:
Tres anos de cárcere para o científico chinés que modificou o ADN de dúas xemelgas.

He Jiangkui foi condenado este luns a tres anos de cárcere e a unha multa de 383.000 euros por axudar a nacer a dúas xemelgas co ADN modificado o ano pasado.
A sentencia mostra a He coma un «Frankenstein» inmoral e egoísta, máis preocupado por encher os seus petos de diñeiro que pola ciencia. Os investigadores Zhang Renli e Qin Jinzhou tamén foron condenados a penas menos graves por colaborar nos experimentos. «Os tres acusados cruzaron os límites da investigación científica e da ética médica«. Todos admitiron a súa culpabilidade, e foron vetados de por vida a exercer na investigación xenética.
Portadas en todo o mundo
He monopolizou as portadas de medios de todo o mundo en novembro do ano pasado tras anunciar que axudara a nacer a dúas xemelgas co ADN alterado para bloquear o contaxio do sida dos seus pais seropositivos. As xemelgas Lulu e Nana estaban perfectas condicións, prometeu He.
O científico esperaba certa controversia, pero encontrouse ca lapidación mundial.
He defendeu o seu experimento nunha conferencia científica celebrada unha semana despois da tormenta en Hong Kong. Non convenceu a ningúen e escoitou dos seus colegas que atentara contra os estándares máis elementales da profesión. Solo o reputado xenetista George Church, de Harvard, lamentou a campaña de acoso e mostrouse máis comprensivo co seu traballo.

O meu comentario:
Como persoa que habita no século XXI podo dicir que os avances da ciencia son moi beneficiosos para a sociedade facendo que, dalgunha maneira, a sociedade avance á par que estes avances. Neste caso, é este un avance que fai medrar á sociedade? Na miña opinión non, modificar bebés xenéticamente creo que é traspasar a delgada liña que limita ós avances da ciencia. Quero dicir, eses bebés xa non son 100% humanos naturalmente, xa que ao ser modificados previamente do seu nacemento mediante métodos artificiais fai que eses bebés tamén sexan (un pouco) artificiais. E vos? Estades de acordo coa modificación xenética de humanos?
