A artesanía de Galicia

Hoxe imos falar da artesanía de Galicia e a comentaremos grazas a fragmentos extraídos dos periódicos. Espero que vos guste!

“Cando un pensa en artesanía galega, o primeiro que lle ven á cabeza é a porcelana de Sargadelos. Pero a artesanía de Galicia é moito máis que Sargadelos.”

Resultado de imagen de sargadelos

“Cando unha peza de artesanía entra na casa, irremediablemente establécese un vínculo afectivo con ela. As horas de traballo e, sobre todo, o feito de saber que é unha peza única, fai que o disfrutemos de forma especial, sexa o que sexa: un elemento decorativo, un complemento de moda, unha xoia, un xoguete, un utensilio de cociña ou un instrumento musical

Resultado de imagen de artesanía joyas

“A realidade do oficio do artesán é, sen embargo, bastante menos romántico, aínda que novas figuras emerxentes como a zoqueira Elena Ferro ou a cesteira Idoia Cuesta renovaron as ilusións do sector. «Que ninguén se engane», sentencia Ana Tenorio, fundadora de Witchneeds e último Premio de Artesanía de Galicia. «Eu creo que o sector vive un momento doce, pero hai que loitar moito para conseguir que o teu traballo sexa valorado» ”

Resultado de imagen de Ana Tenorio

“Sobre o respaldo ao traballo artesán opina tamén Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel: «Ao mellor hai algúen que te di ‘que eu tamén sei facer barquiños de papel’ E eu lle digo, pois ponte a facer cincocentos dunha vez, a ver a canto os cobrarías…» “

Resultado de imagen de Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel

“Máis de 5.000 persoas traballan nesta actividade, que deu entrada a novos oficios como os complementos de moda, aínda que seguen sendo maioría a cerámica e olería, o metal, a madeira e o textil

“No 2018, a Xunta concedeu axudas por máis de 800.000 euros, centradas en impulsar a renovación xeneracional, a mellora da comercialización, e a visualización e presenza nos mercados.”

Información: https://www.revistaad.es/decoracion/diseno/articulos/artesania-gallega-conquista-mundo/22091 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2019/01/20/artesania-gallega-viejos-oficios-industria-profesional/0003_201901SM20P12991.htm

O meu comentario:  

A dicir verdade eu só coñecía como marca de artesanía cen por cento galega a Sargadelos, pois é a única que todos os galegos e incluso españois coñecen. Grazas a estas noticias puiden ver que hai unha gran variedade de marcas de artesanía de diferentes sectores que non son moi coñecidas, pero que conlevan un gran esforzo e vocación, pois ao non ser coñecidas moitas veces non teñen con que pagar os seus gastos. Espero que vos haxa gustado e que vos servira para ter unha idea xeral da artesanía de Galicia.

Imagen relacionada

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s