Película de cine: «A lingua das bolboretas»

O filme sitúase en Galicia, nos anos 30. Moncho é un neno con problemas de sociabilidade ao que lle aterra empezar a escola. Pouco a pouco, os seus temores desaparecen grazas á axuda de Don Gregorio, un profesor de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil e os nacionais encárganse de limpar España de republicanos.

Situada nun contexto no que primaban as ideas fascistas e a arrogancia da Igrexa, o filme de Xosé Luis Cuerda é un canto á liberdade a través da viaxe iniciática dun neno. Cuerda recibiu a axuda do prestixioso guionista Rafael Azcona; xuntos adaptaron unha colección de contos de Manuel Rivas e gañaron un Goya polo seu traballo. Tamén contou coa colaboración do seu amigo e protexido, Alejandro Amenábar, que compuxo a música do filme. 

Este filme estreouse no ano 1999 e na súa forma cinematográfica inclúe tres relatos do libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas, o cal gañou o premio nacional de narrativa en 1996. Nesta película inclúense os relatos “A lingua das bolboretas”, “Un saxo na névoa” e “Carmiña”, que Luis Cuerda é capaz de combinar perfectamente para facer cadrar os tres relatos de maneira asombrosa. 

Déixovos aquí unha escena deste filme para que vexades de que maneira están ligados Moncho e Don Gregorio, o seu profesor, e como este último o axuda a socializar e resolve as súas inquietudes e dúbidas coa sabiduría que lle representa:

Información: https://www.filmaffinity.com/es/film545489.html https://es.wikipedia.org/wiki/La_lengua_de_las_mariposas

O meu comentario:

Dende o meu punto de vista esta é un dos mellores filmes en galego (e non o digo por dicir). Os tres relatos de Manuel Rivas hiláronse dunha maneira asombrosa, aínda que na temática son moi distintos entre sí. Ademais, este filme ambiéntase xusto no estalido da Guerra Civil, polo que podemos observar os diferentes pensamentos e opinións da época, e como á mínima os teus veciños podían delatarte de ser republicano ou, incluso, de levarte ben con un (o que facía que te encarcelaran a ti tamén).

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s