Cómic: «O diario de Anne Frank»

Podo imaxinarme a sensación de responsabilidade de Ari Folman cando, dende a Fundación Anne Frank, pedíronlle adaptar a formato gráfico o diario da máis famosa víctima da barbarie nazi. Un clásico destas dimensións, do que tanto se falou e co que tanto se fixo, e de tales connotacións emocionais, non lle debeu parecer tarea doada a este guionista e realizador israelí, e máis cando el mesmo provén dunha familia de superviventes do Holocausto. Debía estar á altura, en todos os sentidos. Para logralo, volveu a aliarse con David Polonsky, ilustrador co que xa desenvolveu o exitoso filme de animación documental “Vals con Bashir” (Globo de Ouro e nominada aos Oscars en 2008).

Xuntos conseguen condensar en pouco máis de cento corenta páxinas unha historia sobre a dignidade como poucas ofreceu a literatura: a reclusión de Anne Frank, xunto coa súa familia e os Van Daan, na parte traseira dunha casa de Ámsterdam dende xunio de 1942 ata agosto de 1944, momento no que son detenidos polas SS e trasladados a campos de concentración. Durante todo ese tempo, Anne cóntalle as súas confidencias a un diario, documento que será testemuña dos seus medos, sentimentos, emocións, enfados sen renunciar, pese ás circunstancias, a aquelo que a fai humana: os soños, a esperanza, o amor e, sen dúbida, a dignidade.

A adaptación gráfica presente consigue estremecer ao lector con viñetas de gran lirismo, potenciando as escenas de maior humildade humana, e incluso con algo de espazo para o humor, dentro do marco da barbarie absoluta que representa a tráxica situación de oito persoas huíndo do horror. Folman e Polonsky conseguen resumir o espírito de Anne, a mirada extremadamente adulta dunha rapaza de trece anos a quen os acontecementos históricos levaron á morte, pero que a forza vital das súas palabras a mantendrá viva para sempre.

Información: https://www.mondosonoro.com/criticas/comics/diario-anne-frank/

O meu comentario:

Na miña opinión, era moi necesario que este libro se adaptara ao formato cómic, xa que así os nenos pequenos poden coñecer esta historia dunha maneira moito máis levadeira, pero aprendendo igualmente os valores que transmite esta obra. Creo que é moi necesario que a poboación coñeza este tipo de historias, pois se non se coñecen e vivimos na ignorancia, estamos condenados a repetilas.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s