A muller: O feminismo

Hoxe comentaremos a situación actual da muller mediante unha noticia, que é a seguinte:

Un home irrumpe unha concentración feminista ao grito de “Agora para casa a facer a cena”

Miles de mulleres xuntáronse estas pasadas semanas en diferentes cidades do mundo para denunciar os abusos e a violencia sexual. O ritual sempre é o mesmo: tápanse os ollos cunha venda negra e cantan a coro unha pegadiza canción: E a culpa non era miña, nin onde estaba, nin cómo vestía. Todo mentras bailan unha doada e coordinada coreografía.

Este luns, esta mesma acción tivo lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Unhas 300 mulleres interpretaron xuntas o tema Un violador no teu camiño. Non obstante, cando estaban no medio da representación, un home gritou “Agora para casa a facer a cena”.

Non cabe dicir que tan desafortunada interrupción provocou o enfado das asistentes, que empezáronlle a gritar : “Coidado machista, estás na nosa lista”. O “abucheo” foi tal, que o home tivo que salir correndo da praza, mentras moitas das presentes lle pedían “que se che vea a cara”.

Todo quedou gravado por varias asistentes, que xa sacaran os seus teléfonos para gravar a coreografía. Grazas a estos vídeos, algúns usuarios das redes sociais realizaron a ardua tarea de tratar de localizar ao individuo, que resultou ser un membro do PP de Galicia.

Dende Podemos, a diputada Luca Chao exigiulles aos do PP por Twitter un posicionamento sobre estos actos. Pouco despois, a resposta chegaba en forma de comunicado da agrupación Novas Xeracións do PP de Santiago.

O documento, que confirmaba que o home era un membro da súa formación, tachou a súa actitude de “inaceptable”. Según sabe o diario A Voz de Galicia, o home deuse de baixa da formación esta mesma mañana.

O meu comentario:

Alégrame moito ver que as mulleres estén unidas por causas tan importantes como é o feminismo, que o que pretende é acadar a igualdade en todos os ámbitos entre homes e mulleres. Creo que debemos seguir loitando para que situacións coma a que ocurriu nesta noticia non se den máis, pois todas elas conlevan a inferioridade da muller fronte ao home. Espero que academos os nosos obxectivos nun futuro próximo e que se erradique dunha vez a violencia de xénero, que tantas mortes inocentes provoca.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s