Último día

Boas tardes! Hoxe é o último post que realizarei dentro destes 21 días en galego. Foi un proxecto moi divertido no que me resoultou moi interesante a miña participación, pois fun capaz de falar durante tres semanas unha lingua que non é a que utilizo habitualmente. Grazas a este proxecto demostrei que podo facer o que me propoña. A continuación déixovos uns vídeos onde a miña amiga Paula, o meu pai e Laura (outra amiga miña) vos explican o meu progreso e avances nestes 21 días. Ata pronto!

Anuncio publicitario

A muller: O feminismo

Hoxe comentaremos a situación actual da muller mediante unha noticia, que é a seguinte:

Un home irrumpe unha concentración feminista ao grito de “Agora para casa a facer a cena”

Miles de mulleres xuntáronse estas pasadas semanas en diferentes cidades do mundo para denunciar os abusos e a violencia sexual. O ritual sempre é o mesmo: tápanse os ollos cunha venda negra e cantan a coro unha pegadiza canción: E a culpa non era miña, nin onde estaba, nin cómo vestía. Todo mentras bailan unha doada e coordinada coreografía.

Este luns, esta mesma acción tivo lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Unhas 300 mulleres interpretaron xuntas o tema Un violador no teu camiño. Non obstante, cando estaban no medio da representación, un home gritou “Agora para casa a facer a cena”.

Non cabe dicir que tan desafortunada interrupción provocou o enfado das asistentes, que empezáronlle a gritar : “Coidado machista, estás na nosa lista”. O “abucheo” foi tal, que o home tivo que salir correndo da praza, mentras moitas das presentes lle pedían “que se che vea a cara”.

Todo quedou gravado por varias asistentes, que xa sacaran os seus teléfonos para gravar a coreografía. Grazas a estos vídeos, algúns usuarios das redes sociais realizaron a ardua tarea de tratar de localizar ao individuo, que resultou ser un membro do PP de Galicia.

Dende Podemos, a diputada Luca Chao exigiulles aos do PP por Twitter un posicionamento sobre estos actos. Pouco despois, a resposta chegaba en forma de comunicado da agrupación Novas Xeracións do PP de Santiago.

O documento, que confirmaba que o home era un membro da súa formación, tachou a súa actitude de “inaceptable”. Según sabe o diario A Voz de Galicia, o home deuse de baixa da formación esta mesma mañana.

O meu comentario:

Alégrame moito ver que as mulleres estén unidas por causas tan importantes como é o feminismo, que o que pretende é acadar a igualdade en todos os ámbitos entre homes e mulleres. Creo que debemos seguir loitando para que situacións coma a que ocurriu nesta noticia non se den máis, pois todas elas conlevan a inferioridade da muller fronte ao home. Espero que academos os nosos obxectivos nun futuro próximo e que se erradique dunha vez a violencia de xénero, que tantas mortes inocentes provoca.

ONGs e Asociacións: WWF

O mundo cambiou moi rápido e a natureza soporta presións sen precedentes. A vida salvaxe reduciuse á metade en menos dunha xeración e o cambio climático séntese xa en cada parte do Planeta.

Sen embargo, vivimos nun momento extraordinario. Un tempo de grandes riscos pero tamén de enormes posibilidades para construir un futuro diferente e sostible.

Estamos nun momento de transición. A calidade de vida das futuras xeracións e supervivencia da natureza salvaxe dependerá do que fagamos nos próximos anos. Un reto enorme, sí, pero tamén unha gran oportunidade que non podemos deixar fuxir. 

WWF España forma parte da rede de WWF, a maior organización internacional independente dedicada á defensa da natureza e o medio ambiente.

Fundada en 1961, traballan en máis de 100 países e contan co apoio de cerca de 5 millóns de membros en todo o mundo.

A súa misión é conservar a natureza, os seus hábitats e especies, e loitar contra as ameazas sobre a vida na Terra.

Para acadar a súa misión, traballan con todas as súas forzas, pasión e creatividade, en defensa da natureza e das persoas.

Son unha organización única que basa o seu traballo nunha combinación de campañas de mobilización pública, proxectos sobre o terreo, incidencia política, creación de alianzas e educación ambiental.

En WWF non só denuncian as ameazas para a natureza, sempre propoñen solucións construtivas e novas.

Traballan de forma coordinada e en rede coas oficinas de WWF en todo o mundo, o que lles permite ter un coñecemento directo e preciso do que lle ocorre á natureza en cada rincón do Planeta.

Desenvolven campañas para sensibilizar á opinión pública en favor do medio ambiente, á vez que lle adican a maior parte dos seus recursos a desenvolver centos de proxectos concretos sobre o terreo en todo o mundo.

Félix Rodriguez de la Fuente, vicepresidente de WWF España dende 1968 ata 1980, xa falaba desta vontade fai décadas: «O home acabarase cando se acabe o equilibrio vital do planeta que o soporta. O home debe amar e respetar a Terra como ama e respeta a súa propia nai».

Fonte de información: https://www.wwf.es/somos/

O meu comentario:

Na miña opinión este tipo de asociación son moi necesarias nestes intres, pois o cambio climático cada vez vólvese máis grande, e son este tipo de asociacións as que conciencian á sociedade e as que lles fan abrir os ollos. Ademais, como se falou, 5 millóns de persoas respaldan a esta asociación facendo máis doado que moitas persoas do mundo se mentalicen dos problemas que afectan ao noso planeta actualmente.

Cómic: «O diario de Anne Frank»

Podo imaxinarme a sensación de responsabilidade de Ari Folman cando, dende a Fundación Anne Frank, pedíronlle adaptar a formato gráfico o diario da máis famosa víctima da barbarie nazi. Un clásico destas dimensións, do que tanto se falou e co que tanto se fixo, e de tales connotacións emocionais, non lle debeu parecer tarea doada a este guionista e realizador israelí, e máis cando el mesmo provén dunha familia de superviventes do Holocausto. Debía estar á altura, en todos os sentidos. Para logralo, volveu a aliarse con David Polonsky, ilustrador co que xa desenvolveu o exitoso filme de animación documental “Vals con Bashir” (Globo de Ouro e nominada aos Oscars en 2008).

Xuntos conseguen condensar en pouco máis de cento corenta páxinas unha historia sobre a dignidade como poucas ofreceu a literatura: a reclusión de Anne Frank, xunto coa súa familia e os Van Daan, na parte traseira dunha casa de Ámsterdam dende xunio de 1942 ata agosto de 1944, momento no que son detenidos polas SS e trasladados a campos de concentración. Durante todo ese tempo, Anne cóntalle as súas confidencias a un diario, documento que será testemuña dos seus medos, sentimentos, emocións, enfados sen renunciar, pese ás circunstancias, a aquelo que a fai humana: os soños, a esperanza, o amor e, sen dúbida, a dignidade.

A adaptación gráfica presente consigue estremecer ao lector con viñetas de gran lirismo, potenciando as escenas de maior humildade humana, e incluso con algo de espazo para o humor, dentro do marco da barbarie absoluta que representa a tráxica situación de oito persoas huíndo do horror. Folman e Polonsky conseguen resumir o espírito de Anne, a mirada extremadamente adulta dunha rapaza de trece anos a quen os acontecementos históricos levaron á morte, pero que a forza vital das súas palabras a mantendrá viva para sempre.

Información: https://www.mondosonoro.com/criticas/comics/diario-anne-frank/

O meu comentario:

Na miña opinión, era moi necesario que este libro se adaptara ao formato cómic, xa que así os nenos pequenos poden coñecer esta historia dunha maneira moito máis levadeira, pero aprendendo igualmente os valores que transmite esta obra. Creo que é moi necesario que a poboación coñeza este tipo de historias, pois se non se coñecen e vivimos na ignorancia, estamos condenados a repetilas.

Película de cine: «A lingua das bolboretas»

O filme sitúase en Galicia, nos anos 30. Moncho é un neno con problemas de sociabilidade ao que lle aterra empezar a escola. Pouco a pouco, os seus temores desaparecen grazas á axuda de Don Gregorio, un profesor de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil e os nacionais encárganse de limpar España de republicanos.

Situada nun contexto no que primaban as ideas fascistas e a arrogancia da Igrexa, o filme de Xosé Luis Cuerda é un canto á liberdade a través da viaxe iniciática dun neno. Cuerda recibiu a axuda do prestixioso guionista Rafael Azcona; xuntos adaptaron unha colección de contos de Manuel Rivas e gañaron un Goya polo seu traballo. Tamén contou coa colaboración do seu amigo e protexido, Alejandro Amenábar, que compuxo a música do filme. 

Este filme estreouse no ano 1999 e na súa forma cinematográfica inclúe tres relatos do libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas, o cal gañou o premio nacional de narrativa en 1996. Nesta película inclúense os relatos “A lingua das bolboretas”, “Un saxo na névoa” e “Carmiña”, que Luis Cuerda é capaz de combinar perfectamente para facer cadrar os tres relatos de maneira asombrosa. 

Déixovos aquí unha escena deste filme para que vexades de que maneira están ligados Moncho e Don Gregorio, o seu profesor, e como este último o axuda a socializar e resolve as súas inquietudes e dúbidas coa sabiduría que lle representa:

Información: https://www.filmaffinity.com/es/film545489.html https://es.wikipedia.org/wiki/La_lengua_de_las_mariposas

O meu comentario:

Dende o meu punto de vista esta é un dos mellores filmes en galego (e non o digo por dicir). Os tres relatos de Manuel Rivas hiláronse dunha maneira asombrosa, aínda que na temática son moi distintos entre sí. Ademais, este filme ambiéntase xusto no estalido da Guerra Civil, polo que podemos observar os diferentes pensamentos e opinións da época, e como á mínima os teus veciños podían delatarte de ser republicano ou, incluso, de levarte ben con un (o que facía que te encarcelaran a ti tamén).

A artesanía de Galicia

Hoxe imos falar da artesanía de Galicia e a comentaremos grazas a fragmentos extraídos dos periódicos. Espero que vos guste!

“Cando un pensa en artesanía galega, o primeiro que lle ven á cabeza é a porcelana de Sargadelos. Pero a artesanía de Galicia é moito máis que Sargadelos.”

Resultado de imagen de sargadelos

“Cando unha peza de artesanía entra na casa, irremediablemente establécese un vínculo afectivo con ela. As horas de traballo e, sobre todo, o feito de saber que é unha peza única, fai que o disfrutemos de forma especial, sexa o que sexa: un elemento decorativo, un complemento de moda, unha xoia, un xoguete, un utensilio de cociña ou un instrumento musical

Resultado de imagen de artesanía joyas

“A realidade do oficio do artesán é, sen embargo, bastante menos romántico, aínda que novas figuras emerxentes como a zoqueira Elena Ferro ou a cesteira Idoia Cuesta renovaron as ilusións do sector. «Que ninguén se engane», sentencia Ana Tenorio, fundadora de Witchneeds e último Premio de Artesanía de Galicia. «Eu creo que o sector vive un momento doce, pero hai que loitar moito para conseguir que o teu traballo sexa valorado» ”

Resultado de imagen de Ana Tenorio

“Sobre o respaldo ao traballo artesán opina tamén Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel: «Ao mellor hai algúen que te di ‘que eu tamén sei facer barquiños de papel’ E eu lle digo, pois ponte a facer cincocentos dunha vez, a ver a canto os cobrarías…» “

Resultado de imagen de Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel

“Máis de 5.000 persoas traballan nesta actividade, que deu entrada a novos oficios como os complementos de moda, aínda que seguen sendo maioría a cerámica e olería, o metal, a madeira e o textil

“No 2018, a Xunta concedeu axudas por máis de 800.000 euros, centradas en impulsar a renovación xeneracional, a mellora da comercialización, e a visualización e presenza nos mercados.”

Información: https://www.revistaad.es/decoracion/diseno/articulos/artesania-gallega-conquista-mundo/22091 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2019/01/20/artesania-gallega-viejos-oficios-industria-profesional/0003_201901SM20P12991.htm

O meu comentario:  

A dicir verdade eu só coñecía como marca de artesanía cen por cento galega a Sargadelos, pois é a única que todos os galegos e incluso españois coñecen. Grazas a estas noticias puiden ver que hai unha gran variedade de marcas de artesanía de diferentes sectores que non son moi coñecidas, pero que conlevan un gran esforzo e vocación, pois ao non ser coñecidas moitas veces non teñen con que pagar os seus gastos. Espero que vos haxa gustado e que vos servira para ter unha idea xeral da artesanía de Galicia.

Imagen relacionada

Ecoloxía e medio ambiente: O «carsharing»

Hoxe comentaremos una noticia que trata sobre a ecoloxía e o medio ambiente e ofrece unha alternativa sostible para o planeta.

Compartir coche e coidar o medio ambiente: así é o ‘carsharing’

Resultado de imagen de carsharing

¿Móveste en transporte público? ¿Cantas veces utilizaches o coche durante o último mes? ¿Pensaches algunha vez en compartilo? Según varios estudios, os coches privados pásanse un 90% do tempo aparcados. Este podería ser un dos motivos polos cales o carsharing ten tanta salida. Esta iniciativa, que non é nova, consiste en compartir o coche e cada vez ten máis adeptos. Son moitas persoas as que escollen esta opción para desplazarse para ir ao traballo ou ben para facer unha pequena viaxe. Cada vez hai máis conciencia e son máis as persoas que queren facer pequenas e grandes accións para intentar combatir o cambio climático. O impacto da cumbre do clima celebrada en Madrid e a repercusión pública da chegada e as mensaxes da nova activista medioambiental Greta Thunberg así o demostran. E todos estos pequenos ou grandes pasos tamén chegan á mobilidade.

Resultado de imagen de greta

«Solución eficiente«. Esta é a etiqueta que máis utilizan os usuarios deste sistema. É certo que cada vez hai máis persoas co carné de conducir pero sen coche: ter uno e mantelo non é precisamente barato. Ademais, agora tamén añádese á moda de apostar pola sostibilidade e preservar o medio ambiente.

Tipos de ‘carsharing’

Agora ben, dentro do carsharing hai diferentes opcións. Por unha parte, hai os que comparten o seu coche por traxectos, como é o caso de plataformas como BlablaCar. Por exemplo, se queres ir ata Bilbao, é tan fácil como buscar a alguén que tamén vaia e teña todavía dispoñibilidade no seu coche. É unha boa maneira de aforrar, emitir menos emisións e tamién de coñecer xente.

Resultado de imagen de blablacar

Outros, sen embargo, o que fan, é poñer a disposición o seu coche, como é o caso de Drivy ou SocialCar. Hai xente que ten coche pero que non o utiliza cada día. Estas aplicacións o que permiten é poñer a disposición o teu coche cando non o utilizas para que alguén máis sí que poda facelo. Os precios van por hora e oscilan entre os seis e nove euros. Trátase de coches sen conductor, polo tanto, tense que dispoñer de carné. A maioría de aplicacións permiten abrir o coche a través do móbil.

Imagen relacionada

Algunhas empresas alquilan por un tempo limitado un vehículo, como é caso de Bluemove. Pódense escoller as horas nas que necesitas o vehículo e os kilómetros que tes intención de facer e o precio, que vai en función do tipo de coche, e evidentemente, da distancia. Por exemplo, un Opel Adam para 101km pode costar uns 45 euros.

Resultado de imagen de bluemove

Con todas estas opcións, a miúdo é difícil escoller pero cada vez máis xente aposta por non ter un coche en propiedade. Según o estudio de Drivy, ata un 72% dos usuarios non ten coche propio, e o 81% dos que non o ten aseguran que tampouco queren ter un nun futuro.

¿É máis sostible?

Compartir coche implica que hai menos vehículos movéndose polas cidades. Polo tanto, a nivel de sostibilidade, a mobilidade compartida ofrece grandes vantaxes. Desta maneira, se hai menos vehículos quere dicir que tamén hai menos gases contaminantes na atmósfera e, polo tanto, menos kilómetros en favor a outros medios de transporte como o público, a bicicleta, o patinete eléctrico ou incluso, a pé.

Resultado de imagen de emision coches

Fonte de información: https://www.elnacional.cat/es/sociedad/compartir-coche-medio-ambiente-carsharing_460710_102.html

O meu comentario:

Todo o mundo sabe o grave problema que temos actualmente debido ao cambio climático, pero moi poucos teñen intención de cambiar os seus hábitos. Na miña opinión, estas iniciativas aportan unha gran axuda á sociedade para deixar de contaminar o planeta. Ademais, este non é o único beneficio, pois o carsharing pode axudarche a ter un coche sen compralo, para así aforrar cartos.

Resultado de imagen de non hai planeta b

As paisaxes naturais de Galicia

Galicia é máxica e os galegos o saben. Terra, auga e aire conxúganse aquí de tal forma que os paisaxes nunca defraudan, sexa cal sexa a estación do ano que elixas para visitala. Sen embargo, a fama de moitos dos seus rincóns fai sombra a outros que merecen igualmente ser tan valorizados como visitados. Aqueles que sepan dos lugares que recorreremos hoxe, xa sexa porque formaron parte dos seus viaxes ou porque viven na zona, non se sorprenderán, pero si non é o caso, seguramente sí, polo que querrás coñecer estes paisaxes increíbles que non creerás que están en Galicia.

Islote Areoso

O islote Areoso recorda ao Caribe. Coas augas cristalinas e un arrecife que o rodea, este islote constitúe unha das xoias das Rías Baixas. Na Illa de Arousa (Pontevedra), Areoso conta con algo menos de nove hectáreas de area fina. Por se fora pouco, na zona máis alta do islote encóntranse os restos dun dolmen. Un paraxe único da terra galega.

Praia dos cristais

Existen moi poucas praias no mundo formadas por cristais e unha a temos aquí, en Laxe (A Coruña). A praia dos Cristais surxiu como resultado da existencia nesta zona dun antigo vertedoiro no que se arroxaban restos de vidrio, como botellas de todas as cores e tipos. O azote das mareas e das rochas converteron todos eses materiais nun chan de pequenos seixos de cristal pulido, o que converte a esta cala nun dos atractivos da comarca.

O Fociño do Porco

No Vicedo (Lugo) encóntrase a Punta Socastro, coñecida como O Fociño do Porco pola súa similitude cun fociño dun porco. A pasarela de madeira que se construiu hai uns anos para recorrer estes acantilados terminou por facela famosa, grazas á difusión das fotografías dos viaxeiros polas redes sociais, aínda que todavía hai moitos galegos que descoñecen onde se encontra. Dende este enclave natural é posible divisar unhas vistas espectaculares de toda a costa lucense.

Información: https://viajes.lavozdegalicia.es/lista/viajes-galicia/2018/07/04/diez-paisajes-increibles-creeras-galicia/03071530722570005259962.htm#5

O meu comentario:

Na miña opinión son moitos os espectaculares paisaxes naturais de Galicia, pero son moi poucos os visitados e coñecidos polos foráneos e incluso galegos. Neste caso, por exemplo, eu non oíra destes tres paisaxes na miña vida, o que fai darme conta da cantidade de paisaxes preciosos cos que conta Galicia, pero non se lles da relevancia. Espero visitalos algún día e coñecer máis paisaxes de Galicia que pasan desapercibidos para a maioría da poboación.

Os Pazos galegos

O Pazo Galego

O pazo galego ten a súa orixe no palatium latino, que aparece dende o século XIII en poemas galaico portugueses e en documentos dende principios do século XVI. Entendemos que o pazo (palacio) é un tipo de casa tradicional galega, de carácter señorial, normalmente ubicada no campo, e que era a residencia habitual dun nobre .

O Pazo surxe como unha representación do poder do señor, que domina unha extensa zona de territorio, aunque tamén a súa orixe débese á necesidade de seguridade, o que facía que a xente se trasladase cerca da protección dun señor ou dunha orde relixiosa aumentando así o poder do propio pazo. 

Algúns autores diferencian entre pazos de costa e pazos de interior, a bonanza climática dos primeiros e as condicións máis duras dos segundos refléxanse nos aspectos máis ou menos abertos dos pazos. Tamén hai quen distingue os pazos dependendo da súa localización xeografía, e así describen aos pazos de A Coruña como máis modestos, aos pazos de Pontevedra máis espectaculares e aos de Ourense máis solemnes.

Nombraremos a continuación algúns dos pazos máis famosos de Galicia:

  • Pazo de Lourizán, Pontevedra

Entre Pontevedra e Marín encóntrase este impresionante Pazo do século XIX, aínda que a súa orixe é do século XV cando todavía era unha granxa. Foi un lugar de extrema importancia pois no seu interior levouse a cabo o Tratado de París, polo cal se cederon as illas de Cuba, Puerto Rico, Filipinas e Guam.

Ten un estilo modernista e entre a súa arquitectura destaca a escalera de pedra e as súas columnas, as estatuas e os ornamentos que o conforman.

  • Pazo de Rubianes, Villagarcía

Os xardíns contan con máis de 4.000 camelias e numerosas especies botánicas, sendo sen dúbida o seu punto forte e de principal interese. Unha zona verde que ten a súa orixe no século XVII con algunhas flores que todavía perduran tras centos de anos. Unha marabilla para los ollos que non debes perderte.

  • Pazo de Meirás, Sada

Un espectacular Pazo con estilo medieval que se construiu no século XIX sobre unha antiga fortificación que foi destruida na Guerra da Independencia.

Pertenceu á aristócrata Emilia Pardo Bazán, pero posteriormente foille otorgado ao ditador de España, Francisco Franco. Na actualidade a familia Franco sigue rexentándoo creando unha gran polémica ao seu arredor, pois moitos consideran que debe ser devolto ao pobo.

É un Ben de Interese Cultural e isto permite que se poda visitar catro veces ao mes. Aínda que as estancias que se permiten son cada vez menores por petición dos donos, que consideran que a xente non cuida nin respeta a estancia no Pazo de Meirás.

Información: https://www.zorrodelahorro.es/pazos-de-galicia/

http://www.vinosycaminos.com/texto-diario/mostrar/530812/11-pazos-gallegos-dormir-como-castillo-olvidado

O meu comentario:

Como galega, podo corroborar que os pazos galegos son un dos símbolos de Galicia, pois ademais de ser un dos lugares máis visitados por xente foránea, aportan historia e o coñecemento de épocas pasadas. Con todo, é certo que a xente que os visita cada vez cuida menos o espazo e aos pazos, polo que eu recomendaríalles aos visitantes que coidaran aos pazos, pois como sigamos así poden empezar a restrinxir o acceso a eles.

Lusofonía: O galego e o portugués

O galego é un valor cultural que nos identifica como pobo e que nos conecta cunha comunidade maior de casi 200 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas linguas é posible sen necesidade de mediación.

O portugués, nacido na antigua Gallaecia, é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluida a Unión Europea, así como lingua oficial de Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Oriental e Macao.

Por iso, é necesario fomentar a ensinanza e o aprendizaxe do portugués, co obxetivo, entre outros, de que empresas e institucións aproveiten a nosa vantaxe lingüística, xa que o galego, polo feito de ser intercomprensible co portugués, otorga importantes beneficios en moitas vertentes, concretamente na cultural, pero tamén na económica, e concédenos, polo tanto, unha gran proxección internacional.

Conscientes de ditas vantaxes, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Ademais, ao largo dos últimos anos, dende a Xunta de Galicia puxéronse en marcha diferentes iniciativas, dirixidas fundamentalmente ás empresas galegas, coa finalidade de que estas coñezan os beneficios que presenta o galego nos países de fala portuguesa e para ofrecerlles as ferramentas necesarias para establecer relacións comerciais con eles.

Información: https://www.observatoriodalingua.gal/es/pagina/lusofonia

O meu comentario:

Como persoa que visitou Portugal (país de fala portuguesa) podo afirmar que é moi doado comunicarse cos portugueses cando lles falas en galego. De feito, o meu pai unha vez preguntoulle, a unha persoa local, cómo se chegaba a unha zona e o portugués respondeulle nun perfecto galego. Nós, como galegos, podemos aproveitar estas similutudes no idioma (pois ao fin e ao cabo houbo un momento onde o galego e o portugés eran o mesmo idioma) para establecer lazos con empresas, o que axudará tanto á economía de Galicia coma á de Portugal e outras zonas de fala portuguesa.

Resultado de imagen de portugal y galicia