Mar: A contaminación do mar Mediterráneo

A contaminación do mar Mediterráneo vai en aumento e este mar é un dos maiores tesouros que temos. A súa principal característica é a súa forma de cunca semi pechada de casi 3 millóns de kilómetros cadrados de superficie. Ademais, só ten acceso ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar.

É difícil contabilizar a cantidade de plásticos que contribuen á contaminación do Mediterráneo. Segundo o oceanógrafo Eriksen hai cerca de 23.150 toneladas na superficie do mar. Esta contaminación afecta ao medio ambiente de maneira moi estricta. Tamén hai que ter en conta que os residuos en praias provocan o rechazo dos turistas, un dos principais ingresos dos países europeos.

A contaminación chegou a través de plásticos que se tiran de maneira irresponsable. En moitas ocasións lánzanse directamente ó agua e as correntes son as encargadas de dirixirlos. En particular, os objetos de plástico dun solo uso fan moito dano ao medio ambiente, por iso é importante a información e concienciación sobre o deterioro que xenera este material nos ecosistemas.

Os obxectos de plástico no mar aumentan canta maior cantidade de turismo haxa, xa que cos turistas crece a cantidade de actividades de ocio que realízanse nas praias e nos ecosistemas mariños. Outro factor é a pouca comunicación do mar Mediterráneo co Océano Atlántico, o que favorece a acumulación de residuos que flotan no agua. Os microplásticos que tenden a acumularse cerca das costas, coinciden cas rutas comerciais, zonas de embarcacións, de recreo…

Para conservar a riqueza do Mediterráneo cómpre tomar medidas para reducir a contaminación de plásticos no agua. Os expertos propoñen crear restriccións lexislativas ou prohibir productos e deixar de facer actividades dañinas ou innecesarias, sobre todo cando existen sustitutos eficaces.

Información: https://www.cultivarsalud.com/medio-ambiente/contaminacion-en-el-mediterraneo-el-mar-mas-contaminado-del-mundo/

O meu comentario:

É indignante que os seres humanos botemos a perder un ecosistema tan rico e valioso como é o mar Mediterráneo. Isto afecta aos animais que viven nel, ao turismo, á nosa dieta, ás cidades… Na miña opinión, nós (como cidadáns) deberíamos concienciarnos e informarnos da contaminación que se produce, reducir o consumo de plástico, poñer medidas para que non acaben no mar e comprometernos a cumprilas. Espero que esta entrada vos servira para coñecer esta situación que moitos ignoran.

Anuncio publicitario

A ciencia: ten ou non límites?

Hoxe imos comentar unha noticia actual e polémica sobre a ciencia e os seus límites. A noticia é a seguinte:

Tres anos de cárcere para o científico chinés que modificou o ADN de dúas xemelgas.

He Jiangkui foi condenado este luns a tres anos de cárcere e a unha multa de 383.000 euros por axudar a nacer a dúas xemelgas co ADN modificado o ano pasado.

A sentencia mostra a He coma un «Frankenstein» inmoral e egoísta, máis preocupado por encher os seus petos de diñeiro que pola ciencia. Os investigadores Zhang Renli e Qin Jinzhou tamén foron condenados a penas menos graves por colaborar nos experimentos. «Os tres acusados cruzaron os límites da investigación científica e da ética médica«. Todos admitiron a súa culpabilidade, e foron vetados de por vida a exercer na investigación xenética.

Portadas en todo o mundo

He monopolizou as portadas de medios de todo o mundo en novembro do ano pasado tras anunciar que axudara a nacer a dúas xemelgas co ADN alterado para bloquear o contaxio do sida dos seus pais seropositivos. As xemelgas Lulu e Nana estaban perfectas condicións, prometeu He.

O científico esperaba certa controversia, pero encontrouse ca lapidación mundial.

He defendeu o seu experimento nunha conferencia científica celebrada unha semana despois da tormenta en Hong Kong. Non convenceu a ningúen e escoitou dos seus colegas que atentara contra os estándares máis elementales da profesión. Solo o reputado xenetista George Church, de Harvard, lamentou a campaña de acoso e mostrouse máis comprensivo co seu traballo. 

Lulu e Nana

Noticia: https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20191230/china-condena-carcel-cientifico-he-jiankui-modificacion-genetica-bebes-7790023

O meu comentario:

Como persoa que habita no século XXI podo dicir que os avances da ciencia son moi beneficiosos para a sociedade facendo que, dalgunha maneira, a sociedade avance á par que estes avances. Neste caso, é este un avance que fai medrar á sociedade? Na miña opinión non, modificar bebés xenéticamente creo que é traspasar a delgada liña que limita ós avances da ciencia. Quero dicir, eses bebés xa non son 100% humanos naturalmente, xa que ao ser modificados previamente do seu nacemento mediante métodos artificiais fai que eses bebés tamén sexan (un pouco) artificiais. E vos? Estades de acordo coa modificación xenética de humanos?

Libro de poesía: «Penúltimas tendencias»

Carlos Negro, nado en Lalín en outubro 1970, é un poeta e profesor galego que escribiu Penúltimas Tendencias en 2014. A sipnose desta obra é a seguinte:

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion& cool& chic& sexy.

Fontes de información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Negro https://www.casadellibro.com/libro-penultimas-tendencias/9788499146072/2257760

O meu comentario:

Sinceiramente, a min a poesía nunca me gustara porque prefiro seguir unha historia antes de que haxa moitos poemas sen ningunha conexión entre eles. Todos os meus prexuízos cambiaron cando lin esta obra, xa que fala do que viven as rapazas cando son adolescentes: inseguridades, canons de beleza impostos pola sociedade, estereotipos… Neste libro rómpense todos e cada un deles e represéntase o empoderamento da muller e a autoestima que cada unha de nós debería ter. Un poema que reflexe o espírito desta obra pode ser o seguinte , baseado no poema Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro:

O noso universo é rosa.

Rosas son os muros

da prisión das princesas.

Rosa o amor

e o estampado dos vestidos.

As fadas,

as bonecas,

a luz, 

a laca de unllas,

as máscaras,

son todas rosas.

As portadas das revistas

que nos deseñan os soños,

feitas están

tamén

co fulgor tan delicado do rosa.

E eu,

pequena larva,

afogando

entre estas catro paredes

eternamente

de rosa.

Unha das cousas que máis me chaman a atención e que sepa reflexar tan ben os pensamentos das rapazas sendo el un home, e que sexa capaz de plasmarlo con tanta soltura no papel.  A continuación déixovos un vídeo seu recitando outros poemas pertencentes a este libro:

Novela: «Fuxe sen mirar para atrás»

Luis Leante naceu en Caravaca de la Cruz (Murcia) en 1963. Licenciouse en Filoloxía Clásica e durante vinte anos foi profesor de instituto. Na actualidade colabora con varias editoriais e dedícase á escritura. Publicou novelas para nenos e para adultos. Escribiu guións de cine e algúns dos seus relatos foron adaptados á gran pantalla. No caso de Fuxe sen mirar para atrás gañou o premio Edebé de Literatura Xuvenil 2016 (Información sacada da portada do libro físico).

Sipnose:

O coche foi gañando velocidade e empezou unha aventura que nunca pensei que ía vivir con quince anos. Cando vas a cen quilómetros por hora dentro dun coche, paréceche que o que se move é o mundo de fóra e non ti. Pero, cando vas a cento vinte sen cristais porque alguén os escachou dun tiro, vas coma se te guindases en paracaídas desde a estratosfera e sen botellas de osíxeno. Non é vertixe, nin mareo, nin pánico, nin dor, é todo xunto multiplicado por mil. Non che sabería dicir a velocidade á que iamos, pero asegúroche que me pareceu que estabamos a piques de superar a barreira do son. O aire atravesaba o vehículo coma un furacán. Por un momento pensei que a forza do vendaval me ía sacar do asento e me ía guindar polo oco da fiestra de atrás. «Lembra, cando se foxe, non hai que mirar cara a atrás», dixérame Héitor.

Información: http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-fuxe-sen-mirar-para-atras=4016=5=4

O meu comentario:

Esta novela tiven que leela fai un ano como lectura obligatoria, pero nunca esperei que me fora a gustar tanto. Esta novela non ten unha trama sinxela ou é insulsa, se non que conta a historia dun rapaz que con dez anos sofre a perda do seu pai, o que o fai entrar nun shock emocional facendo que olvide todos os seus recordos con el. A raíz disto convértese nun rapaz conflictivo, pero a medida que avanza a novela vemos unha evolución do seu carácter á vez que empeza a ter sentimentos por unha rapaza moi oposta a el. A mín gustoume moito e vola recomendo se vos gustan os libros que se fan amenos e interesantes, pero que non son os típicos libros que xa sabes como van rematar antes de acabalos.

Música de estilos modernos: O Pop

Aínda que existen moitos xéneros musicais moi diversos entre eles, hoxe falaremos particularmente do xénero musical chamado Pop:

O Pop:

A música pop (contracción de popular music) é un xénero de música popular que tivo o seu orixe a finais dos anos 50, en combinación doutros xéneros musicais que estaban de moda en aquel momento. Os elementos esenciais que definen ao pop son: as cancións de curta a media duración, escritas nun formato básico, así como o uso habitual de retrousos repetidos, de temas melódicos e ganchos.. A instrumentación componse habitualmente de guitarras, baterías, baixos, guitarras eléctricas, teclados, sintetizadores, etc

Este xénero conta con moitos subxéneros, como algúns dos que mencionarei agora:

  • Dance pop: Algúns cantantes e grupos expoñentes destacados deste subxénero son Michael Jackson, Britney Spears, Madonna
  • Bubblegum pop: O maior “hit” deste xénero foi Barbie girl de Aqua, aínda que a maioría de cancións de Disney tamén pertencen a este subxénero.
  • Teen pop: É un subxénero da música pop orientado a rapaces e as cancións son interpretadas por rapaces tamén. Apareceu nos 70 debido á aparición dos Jackson Five.

Pero este xénero musical tamén ten fusións con outros xéneros musicais, xa que foi así como surxiu. Entre esas fusións, as máis destacadas son:

  • Electropop: tamén coñecido a partir dos anos 2000 como pop electrónico​, é un subxénero do synth pop que apareceu a finais dos 70 consistente nunha base pop, cunha liña de sonido frío e sintético con tintes robóticos e futuristas. Algúns artistas de renombre que o fixeron posible foron: David Guetta, Lady Gaga, Calvin Harris e Kylie Minogue.
  • Pop rock: combina melodías e letras típicas da música pop con elementos propios do rock, como unha maior presenza de guitarras eléctricas ou un ritmo máis forte. Algúns exemplos de artistas que realizaron/realizan esta fusión son: Queen, Coldplay, Imagine Dragons, os Hombres G, El canto del Loco...
  • Pop latino: ten sonidos ou influenza latina, é dicir, da música orixinaria de Latinoamérica, pero tamén pode ser música pop de cualquier parte do mundo de fala hispana e portuguesa. Algúns dos artistas de pop latino máis destacados na actualidade son Shakira, Ricky Martin, Enrique Iglesias, Alejandro Sanz

O meu comentario: 

A gran variedade de subxéneros e fusións é o que fai que este xénero sexa o máis escoitado e tamén o máis consumido, facéendoo así de consumo xeneral e popular. Ao longo dos anos houbo moitas correntes de consumo, o que fixo que destacaran máis uns artistas que outros. De feito, no xénero de música pop dise que hai un rei e raíña que son os máximos representantes e mellores artistas deste xénero. O rei é (o xa falecido) Michael Jackson e a raíña é Madonna, que potenciaban (na súa maioría) o subxénero Dance pop, con cancións como Thriller, Bad e Smooth Criminal por parte do rei e como Hung Up, Like a prayer ou La Isla Bonita por parte da raíña. A continuación vouvos poñer a miña canción favorita do rei do pop, Billie Jean:

Fontes de información: https://es.wikipedia.org/wiki/Pop https://es.wikipedia.org/wiki/Dance_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Bubblegum_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Teen_pop https://es.wikipedia.org/wiki/Pop_rock https://es.wikipedia.org/wiki/Electropop https://es.wikipedia.org/wiki/Pop_latino

Museos da Coruña

Boas tardes! Hoxe imos falar dos museos que hai na Coruña e, como persoa que estivo neles en máis dunha ocasión vouvos dar a miña opinión de dous deles:

Casa do Home:

Coñecida tamén como Domus, é o primeiro museo que trata dunha forma interactiva o estudo do ser humano e está aloxado nun moderno edificio ubicado no Paseo Marítimo de A Coruña. No seu interior pódese descubrir a evolución humana, cómo funciona a xenética, o cerebro, o corazón, o sistema circulatorio, os sentidos, o sistema motor ou o proceso reprodutivo. Ademais, conta cun cine 3D no que emítense documentais e filmes de gran interese científico.

A Casa do Home

O meu comentario sobre a Domus:

Probablemente este sexa o meu museo favorito de A Coruña, pois cando era pequena o que me encantaba del era que é moi interactivo e que hai unha gran variedade de xogos e actividades que realizar nel. Aínda que creo que todos os nenos que foron a este museo de pequenos quedaron traumatizados co vídeo do parto que se expoñía nel, incluso eu.

A Casa das Ciencias:

A Casa das Ciencias foi o primeiro dos museos Científicos Coruñeses e ademais é o primeiro museo público interactivo de España, coa filosofía de “prohibido non tocar” como carta de presentación. Este museo inclúe un planetario, un péndulo de Foucault e zonas de exposicións, onde se poden realizar experimentos científicos de todo tipo.

A Casa das Ciencias

O meu comentario sobre a Casa das Ciencias:

Este museo é tamén moi recomendable para a xente á que lle guste facer experimentos, xa que conta con numerosos experimentos divertidos e incluso conta cunha incubadora na que podes ver nacer a pitos pequenos. Ademais, o planetario conta con varias funcións incluso para os máis pequenos, como contos interactivos que poden verse nel e, para os mais maiores, representacións das constelacións que hai no ceo, o que é moi interesante para os amantes da astronomía.

Fonte de información: https://queverenelmundo.com/que-ver-en-espana/provincia-de-la-coruna/guia-de-la-coruna/museos-de-la-coruna/

Obra de teatro: «Os vellos non deben de namorarse»

Os vellos non deben de namorarse é unha das obras máis populares do teatro galego. A obra foi escrita «para o pobo galego» polo escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na cidade de Nova York (Estados Unidos), como remedio para «matar as horas de morriña«. Estreouse en Bós Aires (Arxentina) no ano 1941 e, dende entón, non deixou de representarse.

 En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor. O carácter repetitivo de Os vellos non deben de namorarse básase no feito de ser unha triloxía composta por tres versións (lances), encadradas entre un prólogo e un epílogo dun mesmo esquema dramático. Castelao escribiu primeiramente o terceiro lance contando, como nos outros dous, a historia dun vello que se enamora dunha moza. Ao final da obra, o epílogo reúne aos tres vellos mortos no camposanto, para que eles conten o propósito da farsa.

O tema principal da historia é como é a relación entre o amor e a morte: o amor dun vello cara unha moza aparece representado como igual a morte. Os temas secundarios son as diferenzas sociais da época, a avaricia polo diñeiro, os amantes e os amados, a decadencia da fidalguía, cómo conseguir a felicidade, os casamentos amañados

Fonte de información: https://es.wikipedia.org/wiki/Os_vellos_non_deben_de_namorarse

O meu comentario:

Eu leínme esta obra de teatro na pasada avaliación, xa que a escollín para leela na materia de galego. Realmente pensei que non me ía gustar, pero ao final pareceume unha obra moi entretida e interesante. Aínda que nunca a fun ver ao teatro gustaríame ir, pois teño curiosidade por ver cómo se representa Os vellos non deben de namorarse como obra de teatro, con actores e actrices. Se vos gustan as lecturas lixeiras e as obras de teatro recoméndovos leela, pois e curta, entretida e interesante.

Deportes minoritarios: Voleibol

O día a día dos deportes minoritarios en España: a falta de instalacións e de medios converte pouco menos que nun imposible o obxetivo profesional e (por que non) olímpico e provoca que se mire a estos deportistas como excéntricos. No caso do curling (por exemplo), a Federación só lles subvenciona cando compiten internacionalmente representando a España. O resto (entrenamentos, viaxes, dietas, etc…) sae en gran parte dos seus petos. Se lograran vencer en algún dos torneos, só levaríanse 6.000 euros a repartir entre catro, ao que hai que descontarlle o coste do billete a Escocia, Suecia ou calquera outro país.

Curling (deporte minoritario en España)

Fonte de información : https://www.publico.es/deportes/vida-penurias-marginados-del-deporte.html

O meu comentario:

Ola! Hoxe vouvos falar do voleibol, o meu deporte favorito e deporte ao que xogo actualmente no CVZalaeta. En concreto, vouvos relatar os meus inicios no voleibol e como cheguei ao club no que estou hoxe en día. No meu antigo colexio (Calasancias) o voleibol realmente era o deporte estrela feminino, digamos que mentres que os nenos (polo xeral) decantábanse polo fútbol ou baloncesto en equipos doutros colexios, as nenas (polo xeral)  ou ben quedábanse a xogar ao voleibol no club pertencente ao colexio ou ben xogaban a outros deportes fóra do colexio. Eu realmente non tiña nin idea de xogar ao voleibol, pero as miñas amigas máis eu decidimos ir probar un día a ver se nos gustaba, e gustounos. Cando empezamos iamos en terceiro de primaria, e cando iamos en sexto de primaria ( catro anos despois) o meu equipo logrou clasificarse para o campionato galego, no que quedamos cuartas. Sen embargo, en primeiro da ESO tanto unha amiga miña coma eu decidimos cambiarnos de equipo e irnos para o club Zalaeta, onde coñecimos a moita xente nova e onde ingresamos no equipo no que rapidamente fixémonos todas amigas e máis tarde unha segunda familia. Nestes cinco anos que levo no Zalaeta (que sumados aos catro anos anteriores, este é o noveno ano que levo practicando voleibol) pasei por moitas posicións diferentes que poden ter as xogadoras de voleibol como: “oposta” que é aquela xogadora que non recibe e só remata e defende, “colocadora” que é aquela que ten que dar o segundo toque e pasarlle o balón á xogadora que ten que rematar, “receptora” que é aquela que recibe, defende e remata a pelota que lle pasa a colocadora e “líbero” que a posición na que estou xogando actualmente e na que só tes que recibir e defender. Aínda que cando ves un partido pola televisión todo parece moi sinxelo realmente non o é, é difícil para as centrais (aquelas xogadoras que só rematan e bloquean e adoitan ser as máis altas do equipo) coordinarse coas colocadoras, é difícil atacar o balón de maneira que fagas punto directo e, por suposto, tamén é difícil recibir e defender os ataques e saques que realiza o outro equipo, pero ao fin e ao cabo diso trátase o meu deporte. Este deporte require axilidade, intelixencia, forza e potencia polo que é un dos máis completos e, ao estar separados por unha rede, non hai contacto de ningún tipo entre as xogadoras e xogadores de diferentes equipos, o que fomenta a deportividade. Espero que vos gustara a historia de como comecei a xogar ao voleibol e a pequena explicación deste.

O meu equipo na Copa de España 2018/19

Serie de televisión: «O sabor das margaridas»

Boas! A continuación vouvos poñer fragmentos dun artigo interesante que fala de unha das series galegas con maior importancia actualmente. 

Fragmentos do artigo sobre a serie galega “O sabor das margaridas”:

“Millóns de espectadores de todo o mundo enganchados a produtos que, no caso das televisións españolas, foron descartados por presentar unha característica que a miúdo se converte nun estigma en España: estar gravadas no seu idioma orixinal. Falamos de ‘O sabor das margaridas‘, un thriller onde fálase galego, pero que lles encanta a ingleses, chineses, irlandeses ou noruegueses.”

“A serie, descartada por televisións e produtoras estatais (menos, evidentemente, pola  TVG, que xa a estreou o ano pasado) por falar galego, foi adquirida por Netflix, incluíndoa no seu catálogo e ofrecendo subtítulos para que chegara a espectadores de 180 países. O resultado: un éxito internacional abafador. Por exemplo, no Reino Unido e Irlanda, onde é a sétima serie máis vista.”

“A lección ao mercado audiovisual español, onde los prexuízos e o rexeitamento ás linguas cooficiais son crónicos, é lendaria”

O meu comentario:

Que se desprecie este tipo de series por estar gravadas en galego non me parece xusto, é dicir, a xente non rexeita series inglesas (por exemplo) por estar gravadas en inglés, se non que as ven con subtítulos e non pasa nada. Por qué os españois non podemos aceptar que se graven en linguas cooficiais se despois poden dobrarse ao español ou a outras linguas cooficiais? Espero que vos fixera reflexionar un pouco, deixovos o enlace do artigo (que está en castelán) a continuación:

https://www.elnacional.cat/enblau/es/television/netflix-serie-gallego-triunfa-o-sabor-das-margaridas_449976_102.html

COCIÑA DE GALICIA

 A Gastronomía de Galicia é a propia da comunidade autónoma de Galicia. A súa tradición gastronómica é dunha enorme relevancia e variedade, ao ser un dos aspectos maior asumidos na cultura e sociedade galegas.

En relación co rico complexo cultural que en Galicia rodea á alimentación pódese mencionar a súa tradicional hospitalidade,​ sendo usual que no caso de acudir a comer a casa dunha persoa de idade e dun entorno preferentemente rural, esta faga ostentación da súa despensa, considerándose de boa educación ofrecer e insistir ao invitado para que non teña reparo en comer en abundancia, podendo considerarse certa descortesía non aceptalo ou crelo sinal de debilidade por enfermidade.

Información: https://es.wikipedia.org/wiki/Gastronom%C3%ADa_de_Galicia

Lareira galega

O meu comentario:

Fai falta comentar a gran variedade e calidade que presenta a gastronomía galega cando todos sabemos o rica que é? Eses cocidos con grelos nas comidas familiares en inverno e eses caldos (de grelos ou repolo) na cea que fan que se quenten ata as noites máis frías. Eses churrascos con amigos e familiares en verán e que poden alongarse ata a noite onde se come outra vez churrasco porque, se é bo, non volvelo a comer é un delito. Ese polbo á feira que se comía cando ías á feira cos teus avós para logo regresar á aldea co estómago cheo e cunha cara de felicidade infinita. Poderíamos seguir enumerando comidas, sensacións e momentos que nos produce a cociña de Galicia, pero non remataríamos nunca. Espero que vos gustara e vos animedes a probalas todas, asegúrovos que non vos arrepentiredes!

gastronomia-gallega-parte-i-productos-44
Polbo á feira