Os Pazos galegos

O Pazo Galego

O pazo galego ten a súa orixe no palatium latino, que aparece dende o século XIII en poemas galaico portugueses e en documentos dende principios do século XVI. Entendemos que o pazo (palacio) é un tipo de casa tradicional galega, de carácter señorial, normalmente ubicada no campo, e que era a residencia habitual dun nobre .

O Pazo surxe como unha representación do poder do señor, que domina unha extensa zona de territorio, aunque tamén a súa orixe débese á necesidade de seguridade, o que facía que a xente se trasladase cerca da protección dun señor ou dunha orde relixiosa aumentando así o poder do propio pazo. 

Algúns autores diferencian entre pazos de costa e pazos de interior, a bonanza climática dos primeiros e as condicións máis duras dos segundos refléxanse nos aspectos máis ou menos abertos dos pazos. Tamén hai quen distingue os pazos dependendo da súa localización xeografía, e así describen aos pazos de A Coruña como máis modestos, aos pazos de Pontevedra máis espectaculares e aos de Ourense máis solemnes.

Nombraremos a continuación algúns dos pazos máis famosos de Galicia:

  • Pazo de Lourizán, Pontevedra

Entre Pontevedra e Marín encóntrase este impresionante Pazo do século XIX, aínda que a súa orixe é do século XV cando todavía era unha granxa. Foi un lugar de extrema importancia pois no seu interior levouse a cabo o Tratado de París, polo cal se cederon as illas de Cuba, Puerto Rico, Filipinas e Guam.

Ten un estilo modernista e entre a súa arquitectura destaca a escalera de pedra e as súas columnas, as estatuas e os ornamentos que o conforman.

  • Pazo de Rubianes, Villagarcía

Os xardíns contan con máis de 4.000 camelias e numerosas especies botánicas, sendo sen dúbida o seu punto forte e de principal interese. Unha zona verde que ten a súa orixe no século XVII con algunhas flores que todavía perduran tras centos de anos. Unha marabilla para los ollos que non debes perderte.

  • Pazo de Meirás, Sada

Un espectacular Pazo con estilo medieval que se construiu no século XIX sobre unha antiga fortificación que foi destruida na Guerra da Independencia.

Pertenceu á aristócrata Emilia Pardo Bazán, pero posteriormente foille otorgado ao ditador de España, Francisco Franco. Na actualidade a familia Franco sigue rexentándoo creando unha gran polémica ao seu arredor, pois moitos consideran que debe ser devolto ao pobo.

É un Ben de Interese Cultural e isto permite que se poda visitar catro veces ao mes. Aínda que as estancias que se permiten son cada vez menores por petición dos donos, que consideran que a xente non cuida nin respeta a estancia no Pazo de Meirás.

Información: https://www.zorrodelahorro.es/pazos-de-galicia/

http://www.vinosycaminos.com/texto-diario/mostrar/530812/11-pazos-gallegos-dormir-como-castillo-olvidado

O meu comentario:

Como galega, podo corroborar que os pazos galegos son un dos símbolos de Galicia, pois ademais de ser un dos lugares máis visitados por xente foránea, aportan historia e o coñecemento de épocas pasadas. Con todo, é certo que a xente que os visita cada vez cuida menos o espazo e aos pazos, polo que eu recomendaríalles aos visitantes que coidaran aos pazos, pois como sigamos así poden empezar a restrinxir o acceso a eles.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s