Carlos Negro, nado en Lalín en outubro 1970, é un poeta e profesor galego que escribiu Penúltimas Tendencias en 2014. A sipnose desta obra é a seguinte:
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion& cool& chic& sexy.
Fontes de información: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Negro https://www.casadellibro.com/libro-penultimas-tendencias/9788499146072/2257760
O meu comentario:
Sinceiramente, a min a poesía nunca me gustara porque prefiro seguir unha historia antes de que haxa moitos poemas sen ningunha conexión entre eles. Todos os meus prexuízos cambiaron cando lin esta obra, xa que fala do que viven as rapazas cando son adolescentes: inseguridades, canons de beleza impostos pola sociedade, estereotipos… Neste libro rómpense todos e cada un deles e represéntase o empoderamento da muller e a autoestima que cada unha de nós debería ter. Un poema que reflexe o espírito desta obra pode ser o seguinte , baseado no poema Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro:
O noso universo é rosa.
Rosas son os muros
da prisión das princesas.
Rosa o amor
e o estampado dos vestidos.
As fadas,
as bonecas,
a luz,
a laca de unllas,
as máscaras,
son todas rosas.
As portadas das revistas
que nos deseñan os soños,
feitas están
tamén
co fulgor tan delicado do rosa.
E eu,
pequena larva,
afogando
entre estas catro paredes
eternamente
de rosa.
Unha das cousas que máis me chaman a atención e que sepa reflexar tan ben os pensamentos das rapazas sendo el un home, e que sexa capaz de plasmarlo con tanta soltura no papel. A continuación déixovos un vídeo seu recitando outros poemas pertencentes a este libro: