ONGs e Asociacións: WWF

O mundo cambiou moi rápido e a natureza soporta presións sen precedentes. A vida salvaxe reduciuse á metade en menos dunha xeración e o cambio climático séntese xa en cada parte do Planeta.

Sen embargo, vivimos nun momento extraordinario. Un tempo de grandes riscos pero tamén de enormes posibilidades para construir un futuro diferente e sostible.

Estamos nun momento de transición. A calidade de vida das futuras xeracións e supervivencia da natureza salvaxe dependerá do que fagamos nos próximos anos. Un reto enorme, sí, pero tamén unha gran oportunidade que non podemos deixar fuxir. 

WWF España forma parte da rede de WWF, a maior organización internacional independente dedicada á defensa da natureza e o medio ambiente.

Fundada en 1961, traballan en máis de 100 países e contan co apoio de cerca de 5 millóns de membros en todo o mundo.

A súa misión é conservar a natureza, os seus hábitats e especies, e loitar contra as ameazas sobre a vida na Terra.

Para acadar a súa misión, traballan con todas as súas forzas, pasión e creatividade, en defensa da natureza e das persoas.

Son unha organización única que basa o seu traballo nunha combinación de campañas de mobilización pública, proxectos sobre o terreo, incidencia política, creación de alianzas e educación ambiental.

En WWF non só denuncian as ameazas para a natureza, sempre propoñen solucións construtivas e novas.

Traballan de forma coordinada e en rede coas oficinas de WWF en todo o mundo, o que lles permite ter un coñecemento directo e preciso do que lle ocorre á natureza en cada rincón do Planeta.

Desenvolven campañas para sensibilizar á opinión pública en favor do medio ambiente, á vez que lle adican a maior parte dos seus recursos a desenvolver centos de proxectos concretos sobre o terreo en todo o mundo.

Félix Rodriguez de la Fuente, vicepresidente de WWF España dende 1968 ata 1980, xa falaba desta vontade fai décadas: «O home acabarase cando se acabe o equilibrio vital do planeta que o soporta. O home debe amar e respetar a Terra como ama e respeta a súa propia nai».

Fonte de información: https://www.wwf.es/somos/

O meu comentario:

Na miña opinión este tipo de asociación son moi necesarias nestes intres, pois o cambio climático cada vez vólvese máis grande, e son este tipo de asociacións as que conciencian á sociedade e as que lles fan abrir os ollos. Ademais, como se falou, 5 millóns de persoas respaldan a esta asociación facendo máis doado que moitas persoas do mundo se mentalicen dos problemas que afectan ao noso planeta actualmente.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s